Xinzo lugar para vivir
Ofertaremos vivenda pública municipal en arrendamento protexido e proporcionaremos asesoramento permanente para a rehabilitación e adquisición de vivenda na vila e no rural limiaos.
Ofertaremos vivenda pública municipal en arrendamento protexido e proporcionaremos asesoramento permanente para a rehabilitación e adquisición de vivenda na vila e no rural limiaos.
Fomentaremos a creación de tecido industrial e emprego baseados na transformación da nosa produción pataqueira e agro-gandeira. Potenciaremos un sector servizos e hostaleiro que comercialicen e prestixien o produto final, creando valor engadido e con compromiso ecolóxico.
O noso Concello exercerá como tal. Traballaremos pola remunicipalización dos servizos básicos, auga, lixo, para xestionalos directamente, garantindo a eficiencia dos mesmos e a súa natureza pública. Xinzo recadará os seus impostos. Recuperaremos a xestión do Museo Galego do Entroido.
Crearemos políticas turísticas. Poremos en valor o noso patrimonio natural, etnográfico e lingüístico. Colaboraremos de xeito estábel coas universidades galegas. A oferta sociocultural e artística serán un atractivo para locais e visitantes todo o ano.
Garantiremos o transporte público e regular entre a vila e os pobos. Pularemos pola rehabilitación do casco vello e potenciaremos o uso peonil da vía pública, regulando racionalmente o tráfico. Nova política de residuos e limpeza das nosas rúas. As políticas de igualdade serán transversais a toda actuación municipal.