Colgamento do Meco

Antes do Domingo Oleiro, celébrase o sábado do desfile e colgamento do Meco, que presidirá a festa como símbolo entroideiro galego en contra da autoridade. Hoxe en día serve para facer burla de personaxes de actualidade, coa retranca e bo humor que caracteriza aos limiaos.

Na súa viaxe ata a privilexiada atalaia desde a cal observará o decorrer da festa, o Meco é acompañado pola Procesión dos Fachós, que son elaborados artesanalmente coa palla colleitada a man nunha seitura que se realiza no mes de xullo.

0 Comments

Todas as imaxes publicadas nesta web foron cedidas para o seu uso na promoción e difusión do Entroido de Xinzo e están libres de dereitos de autor, se por erro ou descoido atopas algunha que non cumpra este requisito pregámosche nolo fagas saber enviando un correo ao enderezo info@entroidoxinzo.gal para proceder á súa retirada. Grazas. 🙂